Saludos de la nueva junta directiva

Como trabajadores afectados por silicosis, nos hemos unido en esta asociación, OSILICE, para organizarnos en la lucha y difusión de esta enfermedad profesional. Más que nunca, podemos afirmar que la unión hace la fuerza.

Por desgracia somos muchos los afectados por esta enfermedad, y estimamos que bastantes más, serán diagnosticados de silicosis en el futuro, todo ello, motivado por la falta de medidas de seguridad.

La industria avanza en mejorar la producción, pero la protección laboral del trabajador no camina al mismo ritmo, queremos desde OSÍLICE, hacer un llamamiento a todas las personas involucradas: trabajadores de canteras, graveras, aserraderos de piedra, canteros, y trabajadores que se encuentran expuestos al polvo de sílice, que extremen al máximo las precauciones en cuanto a  seguridad e higiene laboral se refiere, exigiendo todas aquellas revisiones facultativas necesarias, para garantizar su salud. 

OSÍLICE nace con el objetivo de informar, asesorar y unir a todas aquellas personas que, por su trabajo, se encuentran expuestas a ambiente pulvígeno de sílice. Pueden contactar con nosotros a través de nuestro correo Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. , o bien llamando a los teléfonos de la asociación.

Problemas con el correo electrónico

En las últimas semanas hemos tenido algunos problemas con la recepción de los correos enviados a OSÍLICE por parte de nuestros socios o de las personas interesadas en contactar con nosotros. Por ello, pedimos disculpas.

Afortunadamente los mismos ya han sido resueltos, así que, rogamos a todos aquellos que en su día intentaron contactar con nosotros a través de Esta dirección de correo electrónico está protegida contra spambots. Usted necesita tener Javascript activado para poder verla. , que vuelvan a enviar su correo, les garantizamos que serán contestados a la mayor brevedad.

Reciban un cordial saludo. 

La directiva de OSÏLICE

Chámase silicose

serafin ramilo

Serafín Ramilo, presidente de Osilice

Chámase silicose. E unha enfermidade silenciosa, ás veces invisible, pero que irremisiblemente chega aos traballadores do sector do granito se non se toman as medidas preventivas adecuadas. Non son medidas complicadas, só hai que ter vontade de aplicalas e facelas cumprir.

A zona das canteiras da Louriña ten o máis que dubidoso honor de liderar o ránking de transplantados de pulmón de toda Europa. Con iso queda todo dito.

Osilice, a Asociación de Afectados pola Silicose, naceu cun claro obxectivo, defender os dereitos dos traballadores que padecen a enfermidade e, ao mesmo tempo, traballar na faceta informativa, explicando aos traballadores que non padecen a enfermidade, as medidas que deben adoptar para non collela.

Serafín Ramilo é o presidente desta asociación que ten a súa sede na Casa Cultural de Atios,ten 46 anos e unha incapacidade total para traballar por culpa da silicose. Traballan nunha pequena oficina dende a que desenvolven unha gran labor de información, asesoramento e protección dos afectados pola silicose, alternada con campañas informativas para evitar que outros traballadores do sector do granito, pase polo que eles están a pasar.

Ramilo explicaba que o nacemento da asociación era unha necesidade que tiñan os traballadores afectados pola silicose para poder defender os seus dereitos "tanto nos temas médicos como nas reclamacións que lles poidan corresponder" explica o presidente de Osilice, porque "moitas veces por non contar cun asesoramento apropiado, houbo compañeiros que quedaron sen o que lles correspondía", engade Ramilo.

3

Ata a aparición en público de Osilice, os traballadores estaban nun estado de indefensión. O propio carácter traballador do galego, asegura Serafín Ramilo, xoga contra nós "porque temos estado traballando entre nubes de po que non deixaban ver a tres metros de distancia, e pasábamos así nove horas diarias". O resultado, ou a morte ou a silicose para os máis "afortunados".

O máis triste do caso, e que esta enfermidade crónica e sen cura posible, é perfectamente evitable xa que o único que hay que facer é non respirar po de sílice. As empresas teñen que cumprir determinadas medidas para protexer aos seus traballadores e nesa liña traballa Osilice.

E xurde, ao longo da conversa co presidente de Osilice, a pregunta lóxica ¿e a Administración? "Podería facer máis do que fai", afirma Ramilo. De feito están á espera de manter unha reunión coa Conselleira de Sanidade para expoñerlle unha serie de cuestións de importancia básica para os traballadores. No hospital do Meixoeiro hai un neumólogo que atende a todos os traballadores enfermos de silicose. "É un home que se preocupa polo noso problema, tanto que está a facer un estudo sobre a silicose no que da conta que ten 300 pacientes". O dato é importante, explica Serafín Ramilo, porque "para poder atender á xente afectada, temos que saber cantos son". De momento ese é o único dato de referencia que teñen e só referido ao hospital do Meixoeiro. "Hai máis hospitais —apunta o presidente de Osilice— e polo tanto máis enfermos dos que non temos datos".

Non deixa de ser curioso que cando Osilice solicitou datos aos responsables provinciais de Sanidade, sobre o número de incapacitados por silicose había na provincia, "contestáronnos que non podía dicilo, porque teñen un listado de todas as incapacidades pero non a teñen individualizada polas causas que orixinaron dita incapacidade", o que non deixa de ser un estraño xeito de levar unha lista. "Para buscar solucións temos que poñer datos sobre a mesa e para iso temos que coñecer do xeito máis aproximado posible, o número de afectados que hai por esta enfermidade".

A dura batalla por unha lexislación máis xusta
Actualmente a silicose está dividida en tres graos. O segundo e o terceiro, que orixinan incapacidade total e absoluta respectivamente, están claros. A batalla e o problema está no primeiro grao.
Un traballador que teña silicose no primeiro grao está xa enfermo, "pero o servizo de prevención pode cualificalo como non apto e polo tanto a empresa pode despedirte sen sequera unha indemnización", afirma Serafín Ramilo.

"O problema da silicose é máis grave na zona da Louriña que en calquera outra zona xa que é onde máis granito de move de toda Europa"

A solución non é tan complicada "tan só e cuestión de ter vontade de buscala" asegura o presidente de Osilice, que engade que teñen solicitada unha reunión do Secretario de Estado para a Seguridade Social "para transmitirlle a necesidade de cambiar unha lexislación a todas luces inxusta". Pero xa se sabe, as cousas de palacio... tanto é así que a reunión, pedida en conxunto coas outras catro asociacións existentes en España, foi solicitada no mes de xuño do 2014 e aínda están á espera dunha contestación.

O problema da silicose é máis grave na zona da Louriña que en calquera outra zona xa que, non se pode esquecer, é onde máis granito de move de toda Europa. Un cambio de lexislación sobre a cantidade de po de sílice en suspensión apto para traballar é, ao entender de Serafín Ramilo, "inútil" xa que explica "non se trata de modificar as normas, bastaría con cumprir as actualmente existentes".

4

Serafín Ramilo, que ata a súa incapacidade por silicose traballou no sector, o coñece sobradamente ben. Tan ben que lle permite afirmar que as medidas preventivas "son cuestión de dúas partes: a empresa que debe poñelas e o traballador que debe utilizalas" porque, asegura, "unha vez que te diagnostican silicose xa non ha marcha atrás".

Calquera proceso que busca un cambio, ten que ter un comezo, un punto de orixe. Neste caso sería comezar regulando o "primeiro grao da silicose porque, ante o perigo que poderían supoñer as reclamacións dos traballadores por ter contraído a enfermidade, as empresas poñerían máis medios e máis coidado en cumprir a lexislación".

Serafín Ramilo está convencido de que é un proceso sinxelo "e beneficioso para todos, para os traballadores que non contraerían a enfermidade, para as empresas que non terían baixas e para o estado que aforraría en atencións médicas e prestacións por incapacidade".

Contan, de momento, co apoio do Concello do Porriño "que dende o primeiro momento apoiounos ao cen por cen" e dos 180 socios que ten Osilice e que pagan "cotas mi reducidas xa que temos compañeiros que están incapacitados para traballar e cobran 400 euros". Osilice tamén mantivo contacto con outros concellos da zona para buscar o seu apoio e, segundo o presidente da Asociación, "volveremos a falar con eles para solicitar a súa colaboración".

"Esta zona proporcionalmente a súa poboación, é a que máis porcentaxe de transplantados de pulmón ten de toda Europa"

Mentres as administracións, que para determinados asuntos fan cumprir a lei de xeito estrito, deberían ter en conta un dato e reflexionar sobre el: segundo un experto en silicose que deu unha conferencia no Porriño,–explica Serafín Ramilo– "esta zona proporcionalmente a súa poboación, e a que máis porcentaxe de transplantados de pulmón —ou persoas en espera para o transplante— ten de toda Europa.

Ya colaboran con nosotros